HomePolítica"O SERGAS non garante unha atención sanitaria digna no Courel", denuncia unha...

“O SERGAS non garante unha atención sanitaria digna no Courel”, denuncia unha vez máis Courel Vivo

Aseguran que "hai orde expresa de non substituír ao persoal sanitario (concretamente aos médicos) calquera que sexa a causa da ausencia, aínda que exista persoal médico dispoñible para asumir ditas ausencias, vulnerando todos os acordos cas distintas organizacións sindicais".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde C@urel Vivo volven a denunciar “a indiferencia do SERGAS e as autoridades competentes” para garantir unha Atención Sanitaria digna e de calidade para os pacientes da montaña.

Insisten nas particulares características da comarca cunha poboación moi dispersa e envellecida e cunha orografía singular. “Calquera que coñeza esta zona sabe que resulta imposible asumir os tempos de referencia que o propio SERGAS e o 061 consideran aceptables para a atención sanitaria nunha emerxencia ou urxencia médica (máximo 30 minutos) estando un único médico para todo O Courel”.

A isto engaden que á ambulancia de apoio na zona, “o propio 061 considéraa vehículo non asistencial, é dicir, non apto para o traslado de pacientes nin do equipo sanitario. Algo que xa vimos reclamando hai tempo desde esta formación cunha proposta para cambiar de ambulancia no pleno do Concello de data 1/xullo/2022,e que foi aprobada por unanimidade e que a día de hoxe segue a ser a mesma”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...