HomePolíticaO BNG pon de exemplo de emprendemento sostible no rural, a Casa...

O BNG pon de exemplo de emprendemento sostible no rural, a Casa da Fonte de Pantón

A cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, visita a Casa da Fonte de Pantón, unha explotación gandeira que aposta por un modelo de producción e de consumo de proximidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Olalla Rodil definiu a Casa da Fonte, empresa de Pantón, como “un exemplo de que é posible emprender no rural de xeito sostible”, e anunciou que, a partir do 18 de febreiro “o BNG traballará desde o Goberno da Xunta de Galiza para facilitar o emprendemento no rural con proxectos innovadores como a Casa da Fonte, que apostan pola producción de derivados do leite e polo comercio de proximidade”.

Para Rodil é unha necesidade mellorar a dotación de infraestruturas e servizos con especial énfase nas zonas rurais máis afastadas, moi especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. A cabeza de lista do BNG por Lugo tamén estableceu como prioridade “un plan de mobilidade no rural, con rutas e horarios suficientes para asistencia prioritaria no ámbito da educación, sanidade e servizos sociais”.

Olalla Rodil sinalou que existen experiencias, como a Casa da Fonte, que acreditan a posibilidade de vivir dignamente e con futuro no rural galego “dende o goberno hai que apoiar estas iniciativas e non continuar poñéndolles atrancos. Só temos que ver proxectos que xa están en marcha, que son viables e convertelos en exemplo dun sistema produtivo moderno e de futuro para que moitas persoas poidan iniciar unha actividade profesional digna no rural” afirmou a canidata do BNG por Lugo.

“Poñer de novo en marcha o banco de terras será fundamental para as explotacións poidan contar coa superficie axeitada e poidan reducir os custos de produción evitando o afogamento financieiro ao que están sometidas” dixo Rodil que tamén apostou pola necesidade da transformación e a diversificación das producións agrogandeiras.

ÚLTIMAS

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...