HomeDeportesGran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

Foi esta fin de semana en Mondariz-Balneario, localidade onde se disputou o Campionato Galego na modalidade de Slalom Olímpico e Caiac Cross. O club monfortino quedou terceiro e segundo, respectivamente. Noa Díaz e Sara Inés conseguiron o ouro nas dúas modalidades.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no Campionato Galego Xunta de Galicia celebrado esta fin de semana nas augas do río tea, en Mondariz-Balneario.

O sábado 29 pola mañá disputouse na modalidade de Slalom, cunha climatoloxía protagonizada pola persistente e abondosa choiva, e e este domingo 30 tivo lugar a competición de Caiac Cross, nunha xornada matinal moito máis agradable con presenza do sol a media mañá.

En Slalom, o club Quixós quedou terceiro por equipos e acadou 9 medallas, unha delas en ‘patrullas’, modalidade na que compiten tres piragüistas por equipo. No apartado individual destacaron Noa Díaz e Sara Inés, acadando dous ouros e dúas pratas cada unha.

O club anfitrión, Tea de Mondariz, foi o campión galego.

Sara Inés, medalla de ouro en C-1 junior. Foto: XMF.
MEDALLEIRO EN SLALOM

Sara Inés, ouro en C-1 e prata en K-1 junior; Noa Díaz, ouro en K-1 e prata en C-1 sénior; Martín Prats, prata en K-1 junior; Ximena, prata en K-1 sénior; Santiago Díaz, prata en K-1 veterán; Iván, bronce en K-1 veterán. E finalmente, bronce en Patrullas K-1 sénior: Iván, Diego, Efrén.

No que respecta á vistosa competición de Caiac Cross, o Quixós quedou segundo por equipos e destacando, como na xornada anterior, Noa Díaz e Sara Inés. As deportistas monfortinas quedaron tamén campioas galegas nas categorías sénior e junior, respectivamente.

O club anfitrión, Tea de Mondariz, foi o campión galego.

Club Quixós, medalla de prata por equipos en Kayak Cross. Foto: XMF.
MEDALLEIRO EN CAIAC CROSS

Noa Díaz, medalla de ouro en sénior; Sara Inés, ouro en junior; Ximena Prats, prata en Sénior; Martín Prats, bronce en junior.

Foto de familia da expedición do Club Quixós que se desprazou a Mondariz-Balneario. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...