HomePolíticaMiguel Tomé asegura que "Besteiro completará o mapa de infraestruturas da provincia"

Miguel Tomé asegura que “Besteiro completará o mapa de infraestruturas da provincia”

O número catro da candidatura do PSdeG pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Miguel Tomé, vén de manter un encontro cos gandeiros e gandeiras de vacún de leite da cooperativa de Vilamaior de Negral e comprobar tamén as melloras acometidas na estrada provincial que conecta Lugo e Guntín, e que dá servizo a diferentes explotacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Miguel Tomé destacou que o partido socialista estaba comprometido coa cohesión teritorial e puxo como exemplo a LU-P-2901 entre Lugo e Guntín que foi reparada recentemente pola Deputación de Lugo cun investimento que superou os 250.000€. “Esta vía comunica núcleos rurais, dá acceso ás explotacións agrarias, algo moi importante para manter unha actividade económica fundamental para a xestión do territorio e a conservación do patrimonio natural que ademais garante o desenvolvemento rural e xeran emprego estable, diversificado e de boa calidade”, valorou. O socialista trasladou o compromiso do seu partido e de Besteiro con  seguir mellorando a rede viaria de toda Galicia “porque creemos na cohesión territorial para conseguir esa cohesión social tan necesaria na comunidade autónoma”.

Asegurou Tomé que “Besteiro na Xunta desbloqueará obras estratéxicas e completará o mapa de infraestruturas da provincia e de Galicia”.

Na cooperativa de Vilamaior de Negral, Miguel Tomé sinalou tamén que Besteiro impulsará na Xunta de Galicia medidas de apoio á renda da mocidade que se incorpore ao sector agrogandeiro para garantir o relevo xeracional e a necesidade de que se tomen medidas urxentes para preservar unha actividade económica “fundamental para a xestión do territorio e a conservación do patrimonio natural, que garante ademais o desenvolvemento rural e xeran emprego estable, diversificado e de boa calidade”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...