HomePolíticaO BNG alerta da utilización partidista do Oso de Salcedo

O BNG alerta da utilización partidista do Oso de Salcedo

O BNG Lugo Sul denuncia que poucas horas antes da celebración do Oso de Salcedo, este luns, 12 de maio, foi pendurada unha pancarta pedindo de xeito explícito o voto para o Partido Popular en “zonas non autorizadas pola Xunta Electoral”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pancarta foi colocada nun lugar moi visible da “Carreira”, lugar central da saída do Oso “coa clara intención de aproveitar a gran concentración de persoas que xera este evento”, sinalan os nacionalistas e aseguran que o malestar de parte da veciñanza viña de días anteriores.

O pasado domingo tiña lugar unha nova edición do Teatro de Salcedo, unha das tradicións que a veciñanza conserva e transmite como parte dun Entroido Ancestral cuxa figura central é o Oso. Aseguran desde o BNG que o malestar deuse “cando se distribuiron instantáneas
en redes corporativas e persoais de membros do PP cunha pancarta da Xunta de Galicia
mimetizando as imaxes institucionais coas de campaña”.

“Preocúpanos que a utilización partidista do Oso poida prexudicar á propia celebración do Entroido de Salcedo, unha tradición que é de toda a veciñanza, independentemente da ideoloxía. Debemos ser coidadosos coas nosas tradicións e non mesturalas con intereses persoais ou políticos, é unha herdanza da vida comunitaria e como tal debe ser conservada. É moi perigoso patrimonializala só para unha parte, porque iso pode desmotivar a persoas implicadas na conservación deste Entroido, e tamén aos asistentes e ese dano vai moito
máis alá da política”, asegura, Rosa Ana Prieto Florines responsable comarcal da formación nacionalista. Dende o BNG lamentan a mala interpretación que se fai dalgo que é de todos e expresan o desexo de que non se repitan estes incidentes.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...