HomePolíticaO Ministro de Asuntos Exteriores comprométese á promoción exterior da Ribeira Sacra

O Ministro de Asuntos Exteriores comprométese á promoción exterior da Ribeira Sacra

O Ministro de Exteriores e o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte reuníronse co Presidente  Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira para logo visitar a ribeira. José Manuel Albares expresou o seu compromiso de “axudar da mellor maneira posible á promoción exterior da viticultura da Ribeira Sacra e do conxunto da comarca”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, visitou este mércores a Ribeira Sacra na compaña do Secretario Xeral do PSdeG na provincia e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.

Albares apuntou que, “fronte á inercia e abandono aos que ten sometida Rueda a Galicia, o Goberno de Pedro Sánchez ten un compromiso cos galegos e galegas en todos os ámbitos”, e puxo como exemplo o sector pesqueiro, a captación de fondos europeos para abordar as transformacións económicas que necesita a comunidade autónoma, ou a promoción do galego, “levando o idioma ao corazón de Europa para que sexa definitivamente unha lingua oficial”.

No encontro, os socialistas pediron o apoio a José Ramón Gómez Besteiro, “Estamos a punto de ir ás urnas, e hoxe tamén estou aquí para apoiar o cambio que necesita Galicia nestes momentos e que representa José Ramón Gómez Besteiro”, apuntou Albares, quen chamou tamén nesta recta final á mobilización dos socialistas. Nese sentido e coa vontade de perfilar os detalles dos últimos días da campaña electoral, Tomé e Albares mantiveron tamén un encontro cos rexedores, voceiros e candidatos socialistas da comarca de Lemos.

Tomé chamou á mobilización do voto ao PSdeG de cara á cita electoral do vindeiro domingo e destacou a firme aposta de Besteiro “por recuperar os servizos públicos de calidade, tanto en materia de sanidade, como de educación, transporte e vivenda, como de completar o mapa de infraestruturas desbloqueando as obras que ten paralizadas o PP, e tomar a iniciativa para a reindustrialización, tanto da costa, como do interior, aproveitando o potencial enerxético de Galicia e o valor da materia prima dos sectores primarios promovendo a súa transformación”.

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...