InicioPolíticaCoa proximidade das eleccións a N-540 e as súas fochancas aparecen nas...

Coa proximidade das eleccións a N-540 e as súas fochancas aparecen nas axendas políticas

O Estado vén de adxudicar o contrato de obras de rehabilitación de firme na estrada N-540, entre os puntos quilométricos 0+000 e 68+900 cun inventimento de 11M€. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, fala do compromiso dos socialistas coas infaestruturas da provincia e o PP considérao electoralista porque o investimento deste ano na N-540 será de 200.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A senadora lucense, María José Gómez, considera “electoralista e insuficiente” o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do firme da estrada nacional N-540 tendo en conta que “se dilata tres anos o remate das actuacións para a mellora da vía” toda vez que o prazo de execución é de 38 meses desde o seu inicio previsto para outubro do 2024.

A popular explica que “do investimento anunciado a cantidade prevista para o 2024 non alcanza os 200.000 euros” polo que “todo indica que neste ano tampouco veremos grandes avances na mellora desta estrada que está totalmente intransitable; cando o que require debido ao seu mal estado son actuacións urxentes”. A tamén alcaldesa de Guntín insiste en reivindicar que “o Goberno de Pedro Sánchez garanta a seguridade dos usuarios e repare de forma inmediata a vía entre os quilómetros 16 e 17 -onde se teñen producido varios accidentes- antes de que haxa que lamentar unha desgraza”.

Esta estrada nacional é a única que comunica Lugo coa cidade de Ourense polo suroeste da provincia “ante a falta de avances na construción da autovía A-56”. Lembran desde o PP que a mellora da N-540 vén sendo obxecto de demanda do PP nos últimos anos no Congreso dos Deputados e no Senado.

Por outra banda subliñan que “a provincia de Lugo quedará fóra da alta velocidade ferroviaria pola decisión do Goberno de Sánchez de eliminar os proxectos da variantes co silencio do PSOE galego e lucense e do BNG que incluso se esqueceron de incluílas no pacto para a investidura de Sánchez”.

Valoración de José Tomé

José Tomé puxo en valor que o Ministerio de Transportes leva investido máis de 120M€ na provincia no marco do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado dende que Pedro Sánchez é Presidente, o que supuxo “un impulso importante para mellorar a mobilidade, despois dos anos de desatención e paralización dos investimentos do PP con Rajoy, non só nas comunicacións por estrada, senón tamén por ferrocarril”.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia garantiu que o esforzo investidor do Goberno central na provincia e en Galicia “aumentará aínda máis cando Besteiro sexa Presidente da Xunta, pois abrirá unha nova etapa de impulso e dinamismo para atraer investimentos do Estado e de Europa”.

Destaca Tomé que, “José Ramón Gómez Besteiro desbloqueará todas as obras que Feijóo e Rueda paralizaron hai quince anos e que son estratéxicas para a vertebración e o desenvolvemento social e económico da provincia, como a Vía de Alta Capacidade Costa Norte, a Ronda Leste, o Plan Paradai, os accesos ao Porto Seco de Monforte, o desdobramento integral do corredor Lugo-Sarria-Monforte ou o arranxo e ampliación da estrada do Courel”.

“Os titulares e as cortinas de fume do PP contrastan coa política de feitos que “demostramos os socialistas sempre que gobernamos, tanto nos concellos, como na Deputación de Lugo e no Goberno do Estado, e que tamén definirá a actuación de Besteiro á fronte da Xunta de Galicia a partir do vindeiro domingo”, conclúe Tomé.

ÚLTIMAS

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...