HomePolíticaAs agrupacións locais de Por Chantada , PSOE e BNG alertan da...

As agrupacións locais de Por Chantada , PSOE e BNG alertan da falta de profesionais na área da saúde mental

As tres formacións políticas nun comunicado conxunto informan de que "Vimos de coñecer casos de usuarios da comarca de Chantada que precisan de asistencia psiquiátrica diaria e non só non a reciben, senón que nin sequera teñen garantida unha periodicidade mínima. A situación tampouco é mellor na área da atención psicolóxica e afecta con maior intensidade ás familias nunha situación socioeconómica máis vulnerable".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo estas agrupacións locais é preocupante a falta de profesionais na área da saúde mental tanto no Hospital de Monforte como no HULA, “Un servizo sanitario esencial para a poboación, especialmente para os menores, e que viu disparado o número de pacientes dende a pandemia”.

Denuncian que a día de hoxe, no hospital de Monforte hai un único psiquiatra para atender todos os casos, “un recurso moi escaso para unha poboación de case 40.000 persoas. Ademais, no HULA só un profesional de psiquiatría infantil está traballando porque a persoa que ocupa a outra praza está de baixa e non é substituída”. Situación que califican de preocupante, xa que no HULA préstase atención os casos máis graves de toda a área Lugo – Burela – Monforte.

“Por iso, e independentemente dos resultados do vindeiro domingo, consideramos imprescindible que se aumente o número de profesionais de saúde mental en toda a área sanitaria e que se garanta a cobertura cando algún deles estea de baixa laboral”, conclúen.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...