No Restaurante Las Vegas de San Clodio falouse de mobilidade e da posta en valor dos sectores con máis potencial produtivo da Comarca de Quirroga. O encontro que formaba parte da campaña das Eleccións Autonómicas do vindeiro 18 de febreiro tiña dous obxectivos principais: facer balance do traballo que se vén realizando polo BNG na Comarca, con presenza nos Concellos de Ribas de Sil e de Quiroga, e con representación política no Equipo de Goberno neste último concello; e dar a coñecer os trazos estruturais do programa do BNG para presidir a Xunta de Galicia.
Os tres falaron dee accións concretas, iniciadas e que e seguen en marcha, no ámbito das infraestruturas e mobilidade, tales como a petición de melloras para a N-120, ou a defensa das comunicacións ferroviarias, con especial atención á recuperación dos trens nocturnos a Barcelona “peticións innegociables para a Comarca de Quiroga que ten no despoboamento o reto máis difícil. Con politicas de mobilidade axeitadas poderíanse combinar os traxectos e facer vida normal e diaria dentro da propia comarca e cara as vilas e cidades próximas, pero en todo caso habería que facer noite para volver”, explicou Xosé Manuel Fernández tras dar a coñecer parte dun estudo no que se contemplan as alternativas de transporte público por estrada que ten a comarca, entre os concellos que a conforman, e co resto da provincia e de Galicia.
Deron a coñecer os grandes trazos do programa do BNG para este 18F, onde deron conta da importancia de potenciar os sectores produtivos desta comarca como son o forestal, o agroalimentario (viño e aceite preferentemente) e o turístico como “ferramenta de desenvolvemento territorial”. Todos apelaron a que o 18F as urnas, “hoxe baleiras para todos se enchan de votos polo cambio, e que as ganas de mudanza se acumulen na papeleta do BNG”.