HomePolíticaKaty Varela: "Tomé equivócase ao negarse a flexibilizar as modificacións da ordenanza...

Katy Varela: “Tomé equivócase ao negarse a flexibilizar as modificacións da ordenanza de tráfico”

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular ofreceron unha rolda de prensa sobre a modificación da ordenanza de tráfico no relativo aos accesos a zonas peonís, que se aprobará no pleno do luns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de goberno do concello de Monforte, no pleno desde luns pode definitivamente a modificación da ordenanza de tráfico no relativo ás entradas de vehículos nas zonas peonís, “pese ás numerosas queixas que está producir entre a veciñanza de Monforte, especialmente entre os autónomos e comerciantes”, destacan desde o PP.

“Lamentablemente, o equipo de Tomé desestimou as nosas alegacións para tentar flexibilizar esta modificación e dar facilidades ao traballo de autónomos e comerciantes”, explicou Katy Varela, que considera que, “José Tomé está a equivocarse ao negarse a flexibilizar estas modificacións da ordenanza”

Entre as alegacións que se presentaron dende o PP de Monforte estaban:

  • A eliminación das franxas horarias para a entrada de residentes, comerciantes da zona e autónomos. Non poden estar limitada a súa actividade a cinco horas ao día.
  • Autorizar a entrada aos residentes da zona que, sen ter unha praza de garaxe, puideran acceder co seu vehículo para labores de carga ou descarga.
  • Implantar unha aplicación móbil de control de entrada e saída, para evitar posibles fraudes ou excesos.

Dende o PP de Monforte aseguran que é necesario coidar todos os barrios da cidade, pero “especialmente o casco histórico”. Katy Varela explica que entre estas limitacións que vai a aprobar José Tomé e a implantación das cámaras de vixilancia “danarase gravemente aos negocios ao poñerlles tantas dificultades para realizar a súa actividade profesional”.

O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno do luns unha moción para que o Concello de Monforte poña en marcha un plan de actuación para o embelecemento urbanístico da cidade. “Vemos como cada vez hai máis casas abandonadas que, ademais de afear a cidade, supoñen un risco para a seguridade. Para gobernar calquera cidade é imprescindible ter un modelo de cidade claro e Tomé non o ten. Con medidas como a que vai a aprobar o luns deixa claro que a súa única preocupación e recadar cartos dos petos dos monfortinos, danando a actividade económica da cidade e provocando a moitos autónomos a ter que pechar os seus negocios”, asegurou.

Katy Varela volveu a insistir na retroactividade das sancións e insta a José Tomé e ao propio Concello de Monforte a que “comece de motu propio a estudar todas as sancións impostas e que poden acollerse a este extremo”.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...