HomePolíticaO PP de Monforte acusa a Tomé "de tapar os problemas de...

O PP de Monforte acusa a Tomé “de tapar os problemas de abastecemento con bombas de fume como a supresión dos pasos a nivel”

O PP considera que "José Tomé ten que asumir as súas responsabilidades e non escusarse con bombas de fume como que vai a investir 7M€ na supresión dos pasos a nivel, de que nos serve se non temos auga nas casas?”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como que as parroquias do municipio están sen auga e hai problemas coa presión na cidade, lamenta que o alcalde, José Tomé anuncie que vai a suprimir os pasos a nivel no municipio.

A voceira popular di que “a auga é fundamental na vida cotiá de calquera persoa e iso non se tapa con bombas de fume como suprimir os pasos a nivel, semella que estamos no día da marmota porque os problemas coa auga son o pan de cada día”.

Recordan dende o PP de Monforte que na madrugada do luns, toda cidade quedou sen auga e que “dende o propio concello unicamente se limitaron a comunicar que se debe a unha avaría na potabilizadora e restrinxen a auga ás parroquias. Seguimos no mesmo punto, coas parroquias sen auga e con moitos barrios da cidade sen presión de auga”.

“José Tomé ten que asumir as súas responsabilidades e non escusarse con bombas de fume como que vai a investir 7M€ na supresión dos pasos a nivel. De que nos serve se non temos auga nas casas?”, sentencio.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...