HomePolíticaO concelleiro popular en Monforte, Víctor Manuel Rodríguez, renuncia á súa acta...

O concelleiro popular en Monforte, Víctor Manuel Rodríguez, renuncia á súa acta de concelleiro

No seu lugar tomará posesión o seguinte integrante da lista electoral, Emilio Iván Vázquez Rodríguez, segundo informan desde o PP local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A renuncia do edil, Víctor Manuel Rodríguez López, débese a motivos persoais. “Desde o PP queremos agradecer todo o traballo realizado durante estes meses por este compañeiro en prol da mellora de Monforte e da calidade de vida dos seus veciños”, sinalan desde o partido.

“Como non pode ser doutro xeito, queremos poñer en valor a enorme xenerosidade amosada por Víctor Manuel Rodríguez López trala súa renuncia ante as dificultades para poder exercer as labores de concelleiro como considera que merece o cargo, deixando patente que o máis importante é a defensa do noso municipio, as súas parroquias e os seus veciños”, destacan os populares.

A renuncia de Víctor Manuel Rodríguez será oficial no pleno ordinario do mes de marzo.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...