HomePolíticaO BNG comprométese a traballar por fixar poboación, servizos públicos e industria...

O BNG comprométese a traballar por fixar poboación, servizos públicos e industria no rural do sur de Lugo

Os catro deputados/as electas/os do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, Daniel Castro, Montserrat Valcárcel e Iago Suárez, participaron esta semana nun almorzo informativo cos medios de comunicación onde fixeron unha valoración dos resultados conseguidos polo BNG nas eleccións do 18 de febreiro, e avanzaron as liñas de traballo para o sur da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG valora os resultados electorais como históricos tanto a nivel galego como en Lugo. En Galicia chegaron case ao medio millón de votos, 155.000 máis que en 2020, colocando ao BNG cun grupo parlamentario de 25 integrantes, que ocupa un terzo do hemiciclo, mentres que tanto na provincia de Lugo como na cidade se conseguiu unha mellora notable. O BNG foi a segunda forza na práctica totalidade dos concellos do Sur de Lugo, “uns resultados que amosan un cambio de tendencia en Galiza”, afirmou o deputado Iago Suárez.

Suárez afirmou que “desde o BNG lideraremos os vindeiros 4 anos unha opocición construtiva, facendo propostas en positivo que melloren a vida das galegas e galegos”, e engadiu “ofreceremos un modelo mellor que o que está a executar o PP desde os últimos 15 anos”.

O deputado do BNG afirmou que para a o sur de Lugo, as principais liñas de traballo do BNG basearanse en reclamar ao goberno “unha mellor sanidade pública e políticas que permitan fixar poboación e industria no rural, poñendo fin ao abandono da comarca”.

“Traballaremos da man das nosas veciñas e veciños que ambicionan unha Galiza mellor, con mellores servizos públicos con máis oportunidades e máis dereitos, construiremos esta Galiza colectivamente ao longo destes catro anos”, afirmou Iago Suárez.

ÚLTIMAS

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...