Presentada as propostas de orzamentos do concello de Monforte para o vindeiro 2019, que ascende a 12.849.221,06€; supón un incremento do 1,75% con respecto ao ano anterior.
No 2019 increméntase o importe destinado o gasto social: a partida da axuda a domicilio pasa de 1.050.000 euros a 1.171.322, o que representa un 11,5% por cento máis. Aumentouse a partida de emerxencias sociais,que pasa de 35.000 a 45.000 euros, un aumento de case o 29%. Mantense a partida para as asociacións sociais e para axuda ó autobús dos estudantes universitarios.
A partida prevista para as Festas Patronais será de 188.000 euros, a misma que os anos anteriores e tamén se manten a partida de 17.500 euros para axuda ás festas dos barrios e das parroquias.
No apartado deportivo, a proposta de orzamentos inclúe un incremento de, aproximadamente, 50.000 euros:
- 10.000 euros para mellorar a cuberta da piscina municipal e suprimir as humidades
- 25.000 euros para cubrir os gastos dos Xogos do Eixo Atlántico, que se van celebrar na cidade portuguesa de Braga
- 14.292,50 euros destinados ós clubs e entidades deportivas.
- 000 euros para axudas a deportistas individuais, así como diversas subvencións para trofeos e organización de eventos.
- As subvencións os clubs para o 2019 ascenden a 107.760 euros
No destinado á área de cultura, tamén aumenta o orzamento en máis de 27.000 euros, dos que 12.000 euros, serán para actividades culturais e para a Feira Medieval e os outros 15.000 euros irán destinados á adquisición de medios técnicos para o edificio Multiusos e o Conservatorio municipal.
Polo que respecta a outras entidades, manteñense as seguintes axudas
CCU………………10.000 euros
Clarisas……………3.000 euros
Náufragos do Paradiso……3.800 euros
Fancine de Lemos…………..3.000 euros
Cine Club A Calexa…….. 1.500 euros
Museo Ferrocarril……………8.000 euros
Cáritas…………………….5.000 euros
Cruz Vermella……………..2.000 euros
Semente Monforte…………….2.000 euros
Asociación Placeiros……………2.000 euros
Asociación Hosteleiros………….2.000 euros