HomesociedadeO PP esixe o "arranxo inmediato" da estrada LU-P-2903 en Bóveda: "Xa...

O PP esixe o “arranxo inmediato” da estrada LU-P-2903 en Bóveda: “Xa non poden circular camións ou tractores”

O portavoz popular, Antonio Ameijide, acompañado da concelleira en Lugo Flor Rubinos e por veciños desta parroquia, comprobou o estado desta estrada e afirmou que "é imposible entender como o goberno provincial permite que se chegue a esta situación".

Publicado o

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo esixiron ao presidente da Deputación, José Tomé, o “arranxo inmediato” da estrada LU-P-2903 ao seu paso por Santa Eulalia de Bóveda, tras comprobar os “incribles danos” que presenta e que “mesmo impiden a circulación a camións ou tractores“, polo que foi necesario cortar un tramo.

O portavoz popular, Antonio Ameijide, acompañado da concelleira en Lugo Flor Rubinos e por veciños desta parroquia, comprobou o estado desta estrada e afirmou que “é imposible entender como o goberno provincial permite que se chegue a esta situación”. O punto danado está na estrada LU-P-2903, xusto a continuación do cruzamento coa estrada LU-P-2923, pouco despois da zona no que se atopa o monumento romano de Santa Eulalia de Bóveda, unha zona moi frecuentada por turistas.

Esta estrada, apuntan os populares, “é fundamental para o desenvolvemento económico desta parroquia” xa que é “a única vía que conecta esta estrada coas parroquias veciñas do Burgo ou Prógalo”. Por iso, desde o Grupo Provincial Popular defenderán unha iniciativa no pleno deste mes para que o goberno da Deputación inicie de forma urxente o arranxo desta estrada.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...