HomePolíticaO PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

Recentemente, durante unha visita ao municipio de Folgoso do Courel acompañado pola alcaldesa, Lola Castro e outros representantes populares, Antonio Ameijide puido comprobar a necesidade de intervir na ponte sobre a LU-P1305; xa que “a marxe da estrada está caendo coincidindo co interior dunha curva que da ao río”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia do perigo e estude as intervencións que sexa necesario levar a cabo e, no menor espazo posible de tempo, “é necesario tomar medidas de forma inmediata para garantir a seguridade e evitar accidentes, ademais de previr que o seu estado vaia a peor”.

“O mantemento das estradas provinciais é unha das asignaturas pendentes do goberno provincial que preside José Tomé”, apunta Antonio Ameijide. O portavoz do Grupo Provincial Popular explica que “son moitas as queixas de veciños e veciñas que nos trasladan os alcaldes e portavoces polo mal estado que presenta o firme das vías que son titularidade da Deputación”.

Os populares advirten do “penoso estado” do firme das distintas estradas da rede da Deputación ao seu paso polo municipio de Folgoso do Courel (coma a LU-P-4701, a LU-P-1303, a LU-P-1304 ou a LU-P-1306) que pode supoñer un perigo para os condutores e usuarios que merecen que “as vías de comunicación se atopen no mellor estado de conservación posible para facilitar os seus desprazamentos no día a día deste municipio”.

Os populares tamén esixen ao goberno provincial levar a cabo os trámites necesarios para acometer as obras de arranxo dos primeiros quilómetros da vía LU-P-1301, que comunica Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel, xa que constitúe “a principal conexión do municipio coa A-6”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...