HomePolíticaO PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O Grupo Provincial Popular pídelle ao goberno provincial reparar a estrada LU-P-5301 nunha zona próxima a unha curva pronunciada e en pendente no casco urbano de San Clodio, en Ribas de Sil debido ao seu “perigoso estado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona sur, Luis Fernández Guitián, comprobaron in situ que “xa non hai pavimento e a capa de rodadura desta estrada provincial vaise desfacendo dende fai semanas, e cada vez máis, polo efecto da auga”. Ademais, “ao coincidir cunha pequena pendente descendente, os vehículos tenden a frear arrastrando a grava e o firme de terra que quedou agora descuberto”.

O portavoz cre que “convén actuar canto antes para evitar que a situación empeore e que poida supoñer un perigo para os condutores dos vehículos ou para os peóns que transiten pola zona”; pero non sen antes  “revisar as tubaxes de canalización de augas na zona para comprobar que dispoñen de suficiente capacidade e non afectan á estrada provincial”.

Os deputados escoitaron esta demanda trasladada polo Grupo Municipal Popular que encabeza Sandra Macía e que “supón unha queixa máis en relación ao mal estado que presenta na provincia a rede viaria da Deputación de Lugo”. Nese sentido, Ameijide “convida ao goberno provincial a atender as peticións dos veciños e levar a cabo unha planificación para a revisión e mellora, nos casos que sexa preciso, das estradas provinciais nos distintos concellos da provincia que permita garantir a seguridade dos seus usuarios”.

O popular explica que “esta rede viaria é moi empregada por tódolos lucenses nos seus desprazamentos diarios e constitúen vías de comunicación fundamentais”. Ademais, incide en que “foi un goberno do Partido Popular na Deputación de Lugo o que construíu as estradas para dar servizo aos veciños e permitir o desenvolvemento da provincia”.

Os deputados populares continúan visitando os distintos municipios para coñecer de preto as demandas que trasladan os veciños, alcaldes e portavoces en relación aos asuntos que son competencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...