HomePolíticaO PP de Monforte demanda solucións ao firme do aparcadoiro do cemiterio

O PP de Monforte demanda solucións ao firme do aparcadoiro do cemiterio

A voceira popular Katy Varela explica que “cando chove cun pouco de intensidade” a entrada do cemiterio “asolágase considerablemente” o que dificulta o acceso ao cemiterio por parte dos veciños de Monforte.

Publicado o

POR
Redsacción
- Advertisement -

Katy Varela explica que, pese a que se pediu anteriormente, o goberno local non fixo nada polo que estes días, coa intensidade das chuvias volveu a asolagarse dificultando e impedindo o acceso ao camposanto.

“Estes días pasados que tanto choveu en Monforte volveuse evidenciar o mal estado do firme do aparcamento do cemiterio municipal”, cuestión que os populares teñen denunciado noutras ocasións, defendendo no anterior mandato a necesidade de renovar o cemiterio municipal e os seus accesos.

“Proba de que practicamente non fixeron nada é que estes días que choveu, asolagouse por completo a entrada”, sinalou. Por este motivo, este mes defenderase de novo no pleno que, coa chegada do bo tempo, realícese unha renovación do firme do cemiterio para evitar este tipo de problemas.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...