HomePolíticaO PP de Monforte pedirá en pleno unha axuda para conservar viñedos...

O PP de Monforte pedirá en pleno unha axuda para conservar viñedos en socalcos

O Grupo Municipal do PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para que o goberno local apoie a recuperación de viñedos nos bancais que hai no municipio outorgando, para este fin, axudas económicas de ata 5.000€ ao ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concelleiro popular, Emilio Vázquez, ve “necesaria” esta medida encamiñada a “incentivar a recuperación destes bancais nas ladeiras do Sil e en parcelas de máis do 35% de pendente media”. Dende o PP de Monforte entenden que o sector vitivinícola “constitúe un sector económico que xera riqueza e emprego” sendo un dos principais factores que xeran “economía, territorio, paisaxe, patrimonio e turismo”.

A comarca de Lemos conta con máis de 1.100 hectáreas de viñedos, repartidas entre 7.000 explotacións vitícolas e orientadas maioritariamente (sobre o 95%) á produción de uva para elaboración de viño tinto. “Trátase dunha viticultura cunha tipoloxía característica que ten a súa orixe no aproveitamento das condicións orográficas das ladeiras do Sil e do Miño nas que o viñedo se cultiva na forte pendente do terreo mediante socalcos que buscan conter a terra, reter a auga de choiva e maximizar a captación solar”, explicou.

Pola súa banda, a voceira popular, Katy Varela, recorda que Monforte, noutrora de gran importancia vitivinícola, conta con 120 hectáreas de viñedo en cultivo dedicadas en gran medida ao autoconsumo. “Deste total, 15 hectáreas se cultivan nas ladeiras do río Sil, aos pés do Mirador do Duque e se atopan amparadas polo cualificativo de calidade diferenciada “Ribeira Sacra”, explicou.

A pesar de que a superficie de viñedo amparada pola protección da Denominación de Orixe Ribeira Sacra no concello de Monforte é pouco representativa respecto á outros concellos da contorna, “é fundamental colaborar co sector vitivinícola” para sufragar a importante perda económica e a repercusión que pode conlevar na economía da comarca o abandono do cultivo e posterior perda desa paisaxe que tanto caracteriza a nosa ribeira do Sil e que funciona como reclamo turístico e motor económico da comarca.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...