HomesociedadeExtinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

Extinguido ás 17.40 horas desta tarde o incendio que se orixinaba ás 1:46 deste domingo na parroquia de Cangas, Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de Pantón, parroquia de Cangas, quedou extinguido.

O lume, que se iniciou ás 01.46h deste domingo, afectou finalmente unha superficie de arredor de 31 hectáreas, das cales 20 corresponden a monte arborado e as 11 restantes a raso, segundo as últimas medicións.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...