HomePolíticaRaquel Arias: "Todos os concellos que solicitaron Atención Temperá contan con axuda...

Raquel Arias: “Todos os concellos que solicitaron Atención Temperá contan con axuda da Xunta”

A deputada popular lembrou que os orzamentos do Goberno galego para esta finalidade incrementáronse un 60 por cento este ano. Coas axudas págase o cento por cento das horas de servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Raquel Arias manifestou que “apostar pola atención temperá é fundamental para identificar e para actuar de maneira precoz sobre os trastornos que poden sufrir no seu desenvolvemento os nenos, desde que nacen ata os seis anos”. Lembrou que Galicia pasou de contar en 2009 con dúas unidades, que atendían a 16 concellos e 160 nenos, ás 46 unidades existentes na actualidade, que prestan servizo a máis de 5.000 menores.

“Non estaremos conformes ata que exista unha atención do 100 por cento das necesidades, e por iso os orzamentos da Xunta para esta finalidade incrementáronse un 60 por cento respecto ao ano anterior, pasando dos 5 aos 8 millóns de euros”, concretou.

Raquel Arias destacou que “o Goberno de Alfonso Rueda cumpre os seus compromisos e nos 100 primeiros días do novo Goberno galego xa impulsou máis de 1.100 novas prazas de residencias e centros de maiores por toda Galicia, nas cidades e tamén no rural. Do bono coidado no fogar xa se benefician máis de 18.000 dependentes galegos”, apuntou.

“O PSdeG non quere oír falar de dependencia, porque non quere escoitar que desde 2009 o número de dependentes atendidos se multiplicou por cinco; as prazas de residencias se multiplicaron por tres; as prazas en centros de día, por seis; ou as persoas atendidas polo servizo de axuda no fogar se multiplicaron por oito; ademais de crear 123 casas do maior”, manifestou.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...