HomePolíticaO PP condena a “parálise” na construción do centro de maiores de...

O PP condena a “parálise” na construción do centro de maiores de Folgoso do Courel

Os deputados do Partido Popular esixirán no vindeiro pleno ao goberno da Deputación de Lugo o impulso dos trámites e xestións pendentes para iniciar de forma inmediata a construción do centro de atención a maiores de Folgoso do Courel

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Ameijide, Carmen José López -vicevoceira do Grupo Provincial Popular- e Luís Fernández Guitián -deputado pola zona sur da provincia- puideron coñecer da man da alcaldesa do municipio, Lola Castro, o espazo onde está previsto construír esta residencia da terceira idade.

Segundo o proxecto para o que o Concello outorgou licenza en xaneiro do 2022 -apenas unhas semanas despois de que fora solicitada-, o antigo colexio de Folgoso será demolido para construír unha nova infraestrutura de 780m2 con 52 prazas (32 de residencia e 20 de centro de día).

“O último que puidemos saber sobre os avances para facer realidade a construción e posta en servizo deste centro foi en decembro do 2022 cando o goberno provincial trasladou nunha reunión coa alcaldesa a necesidade de revisar os prezos recollidos no proxecto para evitar que quedase deserta a licitación, como ocorreu noutros casos. Pero dende aquela tiveron tempo suficiente para revisar eses prezos”, puntualiza o voceiro popular.

Ameijide advirte que “a data límite para a licitación, remate e recibimento das obras é o 26 de xullo de 2025”, segundo se recolle na segunda addenda ao convenio, polo que “urxe avanzar no procedemento para dar cumprimento a un compromiso adquirido formalmente entre dúas administracións”.

Á vista de que “os principais prexudicados son os veciños e veciñas do Folgoso do Courel aos que o predecesor de Tomé -tamén socialista- lles prometera ter acabada a residencia no 2019; solicitaremos no vindeiro pleno que o goberno provincial realice as xestións pendentes para licitar as obras e construír o centro canto antes. Unha residencia que permitiría ofrecer atención aos maiores dun concello con gran dispersión xeográfica e poboación envellecida, ademais de contribuír a fixar poboación e crear postos de traballo”, expoñen os populares.

Os populares agardan que “o goberno de Tomé, PSOE e BNG deixe a un lado o sectarismo ao que nos ten acostumados e demostre que goberna para tódolos lucenses. Aínda que non podemos ser moi ben pensados se o goberno provincial non atende ás solicitudes de reunión por parte da alcaldesa para avanzar neste asunto”.

ÚLTIMAS

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...