HomePolíticaPrazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas...

Prazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior

A deputada do Grupo Popular, Raquel Arias, visitou esta semana no concello do Incio unha das casas do maior existente neste municipio lucense e informou que desde o día 24 se poden solicitar as axudas da Xunta para a apertura de novos establecementos deste tipo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como novidade, esta nova convocatoria inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o período de baixa por maternidade ou paternidade da persoa que se encarga deste servizo.

Raquel Arias puxo de relevo que as casas do maior son “unha clara aposta do Goberno de Alfonso Rueda pola conciliación e polo avellentamento activo no rural galego, ademais de facilitar a creación de postos de traballo no rural e asentar a poboación nos concellos máis pequenos”.

En concreto, as casas do maior son un servizo gratuíto de atención diurna ás persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou con grao I, empadroadas nun concello de menos de 5.600 habitantes. Neste momento, Galicia conta con 123 casas distribuídas por toda a xeografía galega, das que 7 están localizadas no sur da provincia de Lugo: unha en Folgoso do Courel, dúas no Incio, unha en Taboada e tres no Saviñao.

A deputada popular animou a solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior ao abeiro da orde da Consellería de Política Social e Igualdade publicada este 24 de maio no Diario Oficial de Galicia, cun orzamento total de 1,3 millóns de euros. Ademais da axuda para o financiamento destes centros, a Xunta financia as obras de adecuación dos espazos, ata un máximo de 15.000 euros por actuación.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...