Os populares comprobaron de primeira man o funcionamento da maior fábrica de pensos para vacún de leite que existe en España e abordaron xunto á directiva de AIRA os retos aos que se enfronta o sector no presente e no futuro máis próximo.
Tratouse a necesidade, entre outras cuestións, de mellorar o funcionamento e a aplicación da Lei de Cadea Alimentaria para evitar que os produtores vendan por debaixo dos seus costes. Así como tamén a formulación dunha PAC que actualmente prima o criterio ideolóxico a costa do criterio dos produtores.
Desde o PPdeG trasladaron o seu compromiso de seguir defendendo a declaración do sector lácteo como estratéxico, reducir a burocracia e o impulsar medidas para garantir o relevo xeracional nas explotacións gandeiras co obxectivo de asegurar o futuro neste eido en Galicia.