HomePolíticaVisita dos populares á cooperativa Aira en campaña para as europeas

Visita dos populares á cooperativa Aira en campaña para as europeas

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato do Partido Popular ás eleccións europeas Adrián Vázquez visitaron este martes as instalacións da cooperativa agraria AIRA en Taboada acompañados polo coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, o deputado nacional Francisco Conde e o portavoz do PP local, Ramiro Moure.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares comprobaron de primeira man o funcionamento da maior fábrica de pensos para vacún de leite que existe en España e abordaron xunto á directiva de AIRA os retos aos que se enfronta o sector no presente e no futuro máis próximo.

Tratouse a necesidade, entre outras cuestións, de mellorar o funcionamento e a aplicación da Lei de Cadea Alimentaria para evitar que os produtores vendan por debaixo dos seus costes. Así como tamén a formulación dunha PAC que actualmente prima o criterio ideolóxico a costa do criterio dos produtores.

Desde o PPdeG trasladaron o seu compromiso de seguir defendendo a declaración do sector lácteo como estratéxico, reducir a burocracia e o impulsar medidas para garantir o relevo xeracional nas explotacións gandeiras co obxectivo de asegurar o futuro neste eido en Galicia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...