HomePolíticaO PP pide á Deputación que inste a Adif a reparar os...

O PP pide á Deputación que inste a Adif a reparar os danos ocasionados nas estradas provinciais de Sober e Pantón

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron ‘in situ’ os danos derivados das obras que Adif está a realizar nas vías do ferrocarril ao seu paso polos municipios de Sober e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron os numerosos danos producidos en varias estradas provinciais de Sober e Ferreira de Pantón derivados do gran tránsito de camións procedentes das obras que se están a realizar nas vías do ferrocarril

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que “somos conscientes de que toda obra ten os seus inconvenientes e que poden producir molestias ou incluso danos” por este mesmo motivo, e ás portas da temporada de verán, na que os municipios da Ribeira Sacra reciben o maior número de visitantes “non se pode ter as estradas tan danadas como o están, con numerosos baches e fochancas que poden provocar accidentes”.

As estradas provinciais afectadas son:

  • A LU-P-4103 e a LU-P-4105, en Ferreira de Pantón
  • A LU-P 5901 (treitos novo e vello), LU-P 5902 e LU-P 5905, en Sober

Ante esta situación, dende o Grupo Provincial Popular piden á Deputación que inste a Adif a reparar todos os danos ocasionados polas obras para “garantir a seguridade” nas estradas provinciais.

Unha medida provisional xa que, segundo o convenio de colaboración entre ambas entidades, unha vez rematen os traballos que se realizan nas vías, Adif debe de corrixir todos os danos producidos e deixar en boas condicións as estradas provinciais afectadas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...