HomePolíticaO BNG preguntará no Parlamento pola planificación da cobertura sanitaria no centro...

O BNG preguntará no Parlamento pola planificación da cobertura sanitaria no centro de saúde de Chantada durante o verán

Os nacionalistas consideran “vital que o Sergas faga unha planificación seria do período estival para que neste verán non se volvan vivir días tan terribles. É necesario que a veciñanza de Chantada saiba cal vai ser a planificación das vacacións por parte do Goberno galego”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG, Iago Suárez, levará ao Parlamento a situación do centro de saúde de Chantada e preguntaralle ao Goberno do PP pola cobertura sanitaria e planificación das vacacións do persoal cara ao verán. Tamén lle preguntará pola situación vivida o pasado mes de novembro de 2023, cando chegou a haber un só médico para atender todas as urxencias e citas de atención primaria. “Non  podemos deixar que volva acontecer, e é no verán cando este tipo de situacións se poden dar”, advertiu.

Suárez tamén preguntará no Parlamento pola estimación de médicos que a Xunta considera que fan falta no Centro de Saúde de Chantada, que dá servizo ás máis de 8.000 persoas que están censadas neste municipio e que conta cun Punto de Atención Continuada (PAC). Para o deputado chantadino é “fundamental que estea sempre ben cuberto desde o punto de vista asistencial, contando cun número de profesionais suficiente”.

A Plataforma “Chantada quere sanidade” mobilizou o pasado mes de xaneiro a súa veciñanza para solicitar asistencia sanitaria continuada e para que non se repita o vivido no mes de novembro de 2023.  “É inadmisible, as profesionais do centro describían a situación como “horrorosa” e “insostible”.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...