HomePolíticaO BNG de Monforte anuncia que non asistirá ao pleno que este...

O BNG de Monforte anuncia que non asistirá ao pleno que este sábado protagoniza o duque de Alba

Segundo os nacionalistas, a decisión débese á oposición á concesión de honras nobiliarias, consideradas anacrónicas e contraproducentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego de Monforte de Lemos anuncia que os seus dous concelleiros, Emilio Sánchez e Manuel Luaces, non asistirán ao pleno extraordinario convocado polo Concello de Monforte de Lemos para este 29 de xuño. A decisión fundaméntase na firme oposición do BNG á concesión de títulos nobiliarios, os cales consideran anacrónicos e contraproducentes para a creación dunha sociedade máis igualitaria e xusta. “En ningún caso apoiaremos a honra a unha persoa polo simple feito de pertencer a unha determinada familia”, destacan.

“Estamos profundamente comprometidos coa creación dunha sociedade onde o mérito individual sexa o principal criterio de recoñecemento e non os privilexios herdados,” declarou Manuel Luaces, concelleiro do BNG. Emilio Sánchez, tamén concelleiro do BNG, engadiu: “A nosa ausencia no pleno é unha declaración de principios contra prácticas que perpetúan a desigualdade e a inxustiza social.”

O BNG de Monforte de Lemos reitera o seu compromiso coa igualdade e a xustiza social, e chama a todas as forzas políticas a reflexionar sobre a pertinencia de honras que non contribúen a unha sociedade máis equitativa e baseada no mérito individual

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...