HomePolíticaAmeijide lamenta "o dano que a Deputación fai á imaxe da Ribeira...

Ameijide lamenta “o dano que a Deputación fai á imaxe da Ribeira Sacra polo mal estado das súas estradas”

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que as estradas da Ribeira Sacra seguen sen desbrozarse e en varios concellos a maleza xa invade parte da calzada, “polo que a imaxe que se está a dar aos turistas é moi mala. Sen esquecer que pon en risco a seguridade viaria porque xa hai numerosos puntos nos que non se cruzan dous vehículos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares lamentan que coa campaña de verán inciada estean sen desbrozar as estradas provinciais, en particular as da Ribeira Sacra, “Se de verdade queren que esta zona da provincia sexa Patrimonio da Humanidade preocuparíanse de que as súas propiedades luciran e estiveran en estado de revista e en realidade téñenas abandonada”.

“Mentres os concellos e a propia Xunta de Galicia traballan na limpeza das estradas da súa titularidade e se preocupan porque estean en boas condicións para garantir a seguridade, vemos o a Deputación segue desatendendo unha das súas principais funcións”, critica Ameijide.

Os deputados populares revisaron estradas provinciais en diferentes municipios, como Sober e Pantón, nos que comprobaron como ademais do desbroce e limpeza da maleza “urxe realizar un mantemento axeitado xa que son numerosos as fochancas que dificultan a circulación”.

“Un ano máis o goberno provincial vai tarde cos desbroces das estradas provinciais, o que evidencia unha alarmante falta de traballo e dilixencia de socialistas e nacionalistas no mantemento das estradas en toda a provincia”, conclúen os populares.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...