HomePolíticaO PP asegura que as obras do ferrocarril que ían durar 7...

O PP asegura que as obras do ferrocarril que ían durar 7 meses alongaranse ata os 3 anos

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández achegáronse ata a estación de Santo Estevo onde comprobaron in situ “o enorme e inxustificable atraso que teñen”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de renovación do ferrocarril na provincia de Lugo, e concretamente na zona sur, levan camiño de converterse “no conto de nunca rematar” xa que uns traballos que tiñan unha duración estimada de sete meses, segundo anunciaron dende o Goberno central, levan camiño de durar tres anos, como mínimo.

Antonio Ameijide explica que “hai máis de dous anos que os veciños de diferentes municipios da zona sur da provincia están a sufrir os inconvenientes desta obra, os atrasos constantes e as mentiras do Goberno de Pedro Sánchez que xa anunciaron varias datas sobre a finalización dos traballos pero vemos como non cumpren a súa palabra”.

Segundo explicaron os veciños destes municipios a última data dada para rematar as obras é setembro deste ano, en dous meses, “pero moito nos tememos que non van a cumprir xa que hai moito traballo pendente como a colocación do balastro, a instalación das vías ou das catenarias”, denunciou.

Unha situación que provoca que Lugo “siga illado e sen conexións por ferrocarril. Vemos como Lugo vai quedar sen Alta Velocidade por culpa de PSOE e BNG, que seremos a única provincia de Galicia e da súa contorna sen este servizo e, o que é peor, quedaremos tamén sen frecuencias de tren”, lamentou.

“Demóstrase que a palabra do Goberno de Pedro Sánchez non ten valor porque unhas obras que ían durar 7 meses van para 3 anos e veremos se queda só aí”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...