HomePolíticaEsperta Monforte solicita a creación dunha Unidade de Atención Temperá Municipal

Esperta Monforte solicita a creación dunha Unidade de Atención Temperá Municipal

Esperta Monforte amosa, como xa teñen feito BNG e PP, o seu desacordo coa elección da pregoeira deste ano, "Lamentamos profundamente que o alcalde decidise aproveitar este importante acontecemento para facer campaña política, empregando un espazo que debería de ser de todos os monfortinos, para os seus propios fins partidistas", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Esperta Monforte lembran as subvencións que concede a Xunta para este tipo de servizos e pídenlle ao concello que realice as xestións necesarias ante a Administración Autonómica para poñer en funcionamento o servizo de atención temperá.

Repasan que a atención temperá son as actuacións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa e á súa contorna, para dar resposta ante posibles necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastorno no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento de súa autonomía persoal e inclusión social. Aseguran que segundo datos da Xunta, “Todos os concellos que solicitaron a creación deste servizo, obtiveron axudas da Xunta, que contribúen a todas as horas de servizo”.

Noutra moción Esperta Monforte pide ao concello que se fagan as xestións necesarias para dotalo de interventor e secretario a tempo completo e non a tempo parcial, “como se está agora, nun concello 18.250 habitantes con presuposto de 16 millóns de euros.

Esperta Monforte preguntará tamén pola Vasoira de Platino que vén de recibir o concello despois de que un xornal publicase que as entidades beneficiarias pagaban por recibir o premio. Neste caso preguntan canto leva pagado nos últimos 5 anos o concello á asociación Atregus por recobir este premio e se se coñece relación entre a asociación e a empresa FCC.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...