HomePolíticaOs socialistas de Pantón valoran que a Deputación invista 177.000€ en estradas...

Os socialistas de Pantón valoran que a Deputación invista 177.000€ en estradas provinciais do municipio

O PSdeG de Pantón apunta que a institución provincial sacou a licitación na Xunta de Goberno obras na LU-P-4107 e na LU-P-4106, dúas vías importantes para as comunicacións nesta localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación acordou a licitación da mellora da estrada LU-P-4107, que une Segade coa aldea de Marce. O proxecto prevé o arranxo dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 4,5, cun orzamento de 100.000 euros. As obras inclúen a reapertura de cunetas, a reparación de afundimentos e a repavimentación do firme.

Ademais, os socialistas de Pantón subliñan que a Deputación destinará case 78.000 euros á mellora da estrada LU-P-4106, que vai desde a zona do Carme ata O Curro. Este proxecto permitirá acondicionar algo máis de 6 quilómetros desde o inicio desta vía, realizando tamén a reapertura de cunetas, a reparación de afundimentos e a repavimentación do firme.

Dende o PSdeG de Pantón consideran estas melloras fundamentais para o desenvolvemento do municipio, facilitando unha mellor conectividade e seguridade viaria, o que repercutirá positivamente na calidade de vida dos habitantes e no desenvolvemento económico da zona. Afirman que estas actuacións son un paso importante para mellorar a infraestrutura viaria local e garantir a seguridade e comodidade dos usuarios.

“O Goberno da Deputación traballa a favor dos veciños e veciñas de Pantón e demóstrao con feitos, como evidenciou na última Xunta de Goberno, dándolle prioridade a dúas estradas provinciais que discorren pola nosa localidade e que son fundamentais para as comunicacións. Seguiremos en contacto coa Deputación para seguir mellorando e renovando o firme das estradas ao paso por Pantón para ter mellores comunicacións”, afirman.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...