HomePolíticaO PP de Monforte demanda limpar a rede de sumidoiros para evitar...

O PP de Monforte demanda limpar a rede de sumidoiros para evitar inundacións

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte defenderon no pleno desta semana varias iniciativas "para que os monfortinos teñan uns servizos de calidade en lugar da estratexia do engano e dos titulares de José Tomé", sinalan desde o PP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, insistiu na necesidade de limpar a rede de sumidoiros de Monforte durante o verán para que, no caso de que cheguen fortes treboadas non haxa ningún obstáculo que os tapone e así poidan evacuar correctamente a auga.

Uns traballos que se deberían de realizar periodicamente pero que “semella non sucede así” polo que “seguramente será máis complicado de realizar se o goberno local segue a deixar pasar o tempo. A realidade é que da rede de sumidoiros emanan moitas veces cheiros desagradables polo que todo apunta a que hai moito tempo que non se realiza a limpeza”, apunta Varela.

Katy Varela explica que tamén se reiterou a necesidade de retirar o cartel que o goberno local colocou na Compañía e no que se anuncian unhas obras que o propio José Tomé xa anunciou que “non se van a realizar. Deixan o cartel para tentar enganar aos veciños, pero a realidade é que non se van a investir os 1.729.453€ anunciados”, recordou.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...