HomePolíticaO Pleno de Sober respalda as reivindicacións da ANPA contra o recorte...

O Pleno de Sober respalda as reivindicacións da ANPA contra o recorte do profesorado no colexio público

No pleno ordinario do Concello de Sober celebrado este 1 de agosto, Agroma Sober-Interior Galego Vivo levou unha proposta para que a Corporación amosara apoio e respaldo á ANPA do CEIP Virxe do Carme en relación á necesidade de cumprir os acordos da propia Xunta e poñer máis profesorado este curso 2024-2025. Acordo aprobado por tódolos grupos na corporación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordo aprobado di: A Corporación Municipal do Concello de Sober respalda as reivindicacións da ANPA do CEIP Virxe do Carme de Sober e, a través do Goberno Local, dirixirase á Consellería de Educación solicitando o cumprimento das rateos de profesorado do Acordo de Melloras de outubro de 2023: isto é, que non se agrupe a alumnado de cursos diferentes con máis de 14 alumnos/as na mesma unidade.

Segundo Agroma Sober, xa o equipo de goberno deixou claro que “non hai intención da Xunta de aumentar profesorado este curso. A Consellería de Educación ten previsto que para o curso vindeiro no CEIP Virxe do Carme de Sober só se contemplen 4 aulas de Primaria, co cal se agrupa ao alumnado de 1º e 2º e ao de 5º e 6º”.

Agroma Sober explica que isto provocará que “estas aulas teñan 16 alumnos/as por clase, rebasando a rateo establecida e motivando unha perda de calidade do ensino e un sobreesforzo do profesorado. Hai que ter en conta que parte do alumnado presenta necesidades especiais e que tampouco a Consellería dota aos centros de todo o persoal de apoio necesario”.

Insisten en que a Consellería incumpre o seu propio Acordo de Melloras respecto á rateo, do 11/10//23, que recolle que non se poden agrupar en Educación Primaria máis de 14 alumnos/as de dous cursos diferentes na mesma unidade.

O que alega a Consellería, segundo o PP de Sober, é que o acordo se aplicará “progresivamente”, e esta, sengundo Agroma Sober, “é a trampa: o alumnado que este ano no CEIP de Sober curse 1º, 2º, 5º ou 6º de Primaria terá menos dereitos que o alumnado dos vindeiros anos (se é que se aplican os acordos, que tampouco hai concreción de cando será esa aplicación progresiva)”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...