HomePolíticaO BNG Lugo Sur critica a xestión das obras da estrada LU-651...

O BNG Lugo Sur critica a xestión das obras da estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel

"Nin médicos, nin accesos. Este é opanorama actual no Concello de Folgoso do Courel, para todo o que queda de verán, e boa parte do outono", aseguran desde o BNG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Apuntan os nacionalista que a Xunta de Galicia vén de comunicar que “debido ás actuacións necesarias para a execución da mellora da estrada na LU-651, entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, é preciso pechar totalmente ao tráfico a estrada LU-651 entre a intersección co cruzamento coa estrada que vai ao CPI Uxío Novoneyra e a Moreda e o núcleo de Seoane.”

“A estrada quedará totalmente pechada (24 horas ao día, os 7 días da semana) ao tráfico de calquera tipo de vehículos e peóns polas actuacións na ponte situada no punto quilométrico 32,7. O inicio deste corte será o día 5 de agosto de 2024 dende as 8:30 h ata o día 11 de outubro de 2024”, explican desde o BNG.

Consideran que a situación supón unha “auténtica falta de respecto para coa veciñanza do Courel”. “A pesar das evidencias da mala organización das obras, a renuncia de varias empresas, e a pouca previsión a respecto dos condicionantes do terreo no que se están a desenvolver os traballos, o organismo autonómico desentendeuse absolutamente das súas responsabilidades, e permitiu que, pouco a pouco, o caos reinara na execución das obras de mellora da estrada”, ata chegar ata hoxe, apuntan os nacionalistas.

O BNG denuncia máis de dous anos de traballos e ningún quilómetro rematado, desvíos que implican moitas decenas de quilómetros extras, retrasos e esperas, en ocasións, de máis dunha hora, para a veciñanza e as persoas que traballan nesta comarca, numerosas reservas anuladas nos restaurantes que tentan dar servizo aos viaxeiros que se achegan…e lamentan que a situación se dea en plena tempada alta.

“Parece que, entre os incendios, a pésima conexión dixital, a falta de facultativos na sanidade, as estradas que se veñen abaixo por mor de obras privadas, derrubes naturais e, agora, a nefasta xestión dunha obra que comezou sendo necesaria e remata (se remata algún día), sendo unha auténtica dor de cabeza, ao Courel botáronlle un meigallo, Pero non é meigallo, é a evidencia da neglixencia da Xunta de Galicia, a proba de que este territorio está moi lonxe das prioridades da administración autonómica, con Xeoparque ou sen el”, conclúe o BNG.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...