Denuncian os nacionalistas novos problemas de atención primaria de Monforte neste verán, “o que leva a estirar baixas, aumentar as persoas que acoden ás urxencias, demoras na atención de doenzas crónicas, e un longo percorrido de cambios sobre cambios nas citas que conducen a un mala atención sanitaria derivada da falta de planificación por parte do Sergas”.
Aseguran que de doce prazas previstas para Monforte, este venres estarán cubertas catro, ao que hai que engadir os permisos non cubertos no resto de persoal do centro e o importante aumento de poboación que se dá no verán na capital da Ribeira Sacra.
Á falta de persoal facultativo, hai que lle engadir o aumento de poboación na época estival, o que leva a continuas re-programacións de citas, que dificultan o traballo administrativo, e non evitan o colapso nos centros de saúde.
“Por moitas veces que se diga non deixa de ser sorprendente a falta de planificación, ou despois de xullo non vén todos os anos agosto? Pois o mesmo acontece cos permisos e xubilacións dos facultativos, ou co aumento de poboación en Monforte. O que é previsible, é evitable”, lembra Emilio J. Sánchez portavoz do BNG na Corporación Monfortina