HomePolíticaO PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte critican a falta de previsión do goberno de José Tomé que, unha vez máis, “volve a improvisar no referente ás obras do ciclo da auga”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas Doutor Casares, Rosalía de Castro e Reigada sufriron unha diminución na presión da auga que chega as súas casas. “No PP temos claro que as obras para mellorar o abastecemento e o saneamento son fundamentais e que, como obras que son, teñen algún tipo de inconveniente, pero o que está claro é a improvisación de Tomé propicia que os veciños sufran problemas coa auga semana si e semana tamén”, denuncia.

Dende o Grupo Municipal Popular instan ao goberno local a realizar unha planificación para programar as obras de renovación das tubaxes de abastecemento así como tamén para poñer fin aos problemas co saneamento.

Pola súa banda, a voceira popular, Katy Varela, recorda que “os problemas coa auga, por desgraza, non son nada novo” polo que “é urxente que Tomé deixe a un lado a súa política da maquillaxe das rúas pensando só en asfaltar e que planifique mellor as obras, xa que cando se amaña unha rúa hai que facelo tamén naquela parte que non se ve para evitar problemas futuros”.

“Coa nefasta planificación actual do alcalde o único que estamos a conseguir é un municipio con peores servizos xa que os investimentos non se fan pensando no beneficio dos cidadáns, senón na política de Tomé que acadar titulares na prensa e fotos para o recordo”, criticou. “Se os anteriores goberno locais de Monforte conseguiron levar servizos ás parroquias con moitos menos recursos que o actual, por que Tomé non é capaz de facelo?”, pregunta.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...