HomePolíticaMocións e preguntas de Esperta Monforte para o pleno deste luns

Mocións e preguntas de Esperta Monforte para o pleno deste luns

Esperta Monforte presenta dúas mocións e dúas pregunta ao pleno deste luns, 30 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nunha das mocións piden facer as xestións necesarias coas que empresas que corresponda para a retirada de paos da luz do medio das rúas e para o soterramento do cableado. Como integrante da Plataforma Interior Galego Vivo, Esperta Monforte, presenta unha moción en defensa do ensino público no interior galego.

Solicitan dirixirse a Consellería de Educación esixindo o cumprimento das rateos de profesorado recollidas no “Acordo de Melloras” en todos os centros do interior galego; expoñendo os casos concretos de Chantada, Sober, Monforte, A Pobra do Brollón e Ribas de Sil. Piden tamén esixirlle á Consellería o aumento de horas para orientación e pedagoxía terapéutica. Trasladarlle aos concellos da Ribeira Sacra a necesidade de facer un fronte común ante a Xunta en defensa de máis medio materiais e humanos no ensino rural e defender un plan específico de ensino para o rural galego que garanta un ensino público digno en igualdade de condicións.

Levan tamén a pleno dúas preguntas, quen pagou os gastos dos baños portátiles instalados no Parque Doutor López Suárez, utilizados nunha comida da UGT do 8 de xuño e se o concello ten algún retén no servizo de Parques e Xardíns ou no de obras. Esta última débese a que na pasada semana, veciños da rúa Calvo Sotelo avisaron ao concello da caída dunha árbore na beirarrúa e desde o concello comunicáronlles que a retirarían ao día seguinte por falta de operarios para dito traballo nese momento.

ÚLTIMAS

Chantada reabre ao tráfico a rúa Serra do Faro, con importantes melloras despois do temporal do pasado inverno

Despois de ver as consecuencuias do temporal, o Concello de Chantada informou da situación...

A CIG Saúde denuncia o “abandono deliberado” do Hospital Comarcal de Monforte nos proxectos orzamentarios da Xunta

A CIG-Saúde denuncia que o Hospital de Monforte volve ser o "gran esquecido" da...

Obradoiro para aprender a identificar e combater a desinformación, este 22 de outubro na casa da cultura de Monforte  

O acceso constante a contidos informativos fai cada vez máis necesario contar con ferramentas...

O IES Val do Asma de Chantada acolleu un taller de regueifas

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, asistiu esta semana no IES Val...