HomeTerra de LemossanidadeAbandono asistencial no Courel, volven a estar sen médico, denuncia Courel Vivo

Abandono asistencial no Courel, volven a estar sen médico, denuncia Courel Vivo

Courel Vivo presentou unha queixa ao defensor do paciente e outra a Valedora do Pobo denunciando a extrema precariedade da atención primaria no concello do Courel, e pedindo se restableza urxentemente o normal funcionamento dos dous centros de saúde

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os usuario do Courel terán 5 días no mes de outubro para poder pedir cita, no seu médico/a de cabeceira, segundo informan desde Courel Vivo, despois de que este luns publicárase no centro de saúde unha listaxe coas poucas horas nas que haberá atención médica en Seoane durante o vindeiro mes. Idéntica situación no outro centro de saúde do municipio, en Folgoso.

Courel Vivo denuncia o abandono asistencial e considera que de nada serviron as reiteradas queixas dos veciños, xa que a situación vai a peor. “É indignante que desde o Sergas se nos diga que non hai médicos cando anunciaron por todo o alto que conseguiran 200 novos médicos este ano. Que prioridades seguen á hora de cubrir as faltas? Nunha montaña a 1 hora do médico máis próximo, non lles parece suficiente para priorizar esa zona?”, preguntan, asegurando que seguirán reclamando unhas condicións médicas axeitadas para o territorio.

Centro de Saúde Seoane (arquivo) / Courel Vivo

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...