HomeCulturaO BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG de Monforte de Lemos amosa profunda preocupación e desacordo co recente proxecto urbanístico aprobado pola xunta de goberno local para a denominada Zona D. Consideranque esta proposta carece de sentido e de visión de futuro para o desenvolvemento da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando xa existe unha significativa cantidade de solo urbanizable, de vivendas baleiras, e en estado ruinoso. Segundo os nacionalistas este orzamento debería destinarse á rehabilitación destas vivendas, en lugar de investir en novas construcións que non responden as necesidades actuais da cidadanía.

“A diferenza do proxecto da Zona C, que cumpriu unha función clara ao abrir unha rúa que ata entón era cega, a proposta para a Zona D carece dun interese xeral evidente para Monforte. Esta nova rúa proxectada, será unha vía sen saída que desembocará no río, sen ningún beneficio para a circulación de vehículos e, pola contra, podería incentivar un maior fluxo de tráfico cara ao centro da vila, unha zona xa saturada”, apuntan desde o BNG.

O equipo de goberno local xustifícase dicindo que é un proxecto deseñado hai anos, e que están obrigados a levalo a cabo, tal e como se deseñou por aquel entón, pero o BNG considera que as necesidades cambiaron. Destacan tamén que a maioría dos propietarios dos terreos afectados opóñense de maneira frontal ao devandito proxecto, “o que pon de manifesto a falta de consenso, e a falta de atención ás preocupacións de quen se verá directamente afectado por esta iniciativa”. Os nacionalistas insisten en apostar pola rehabilitación do patrimonio urbano existente como unha solución máis racional e beneficiosa para a Monforte.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...