HomePolíticaO PP esixe á Deputación medidas urxentes na LU-P-5601, en Folgoso do...

O PP esixe á Deputación medidas urxentes na LU-P-5601, en Folgoso do Courel

Antonio Ameijide e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, comprobaron o gran perigo existente nesta estrada, ao seu paso por Paderne, “punto no que parte da vía pode caerse en calquera momento”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular levan todo o mandato denunciando “a falta de mantemento” da rede de estradas provincial por parte de PSOE e BNG, “o que converteu estas vías en zonas moi perigosas”.

Como exemplo poñen a estrada provincial LU-P-5601 en Folgoso do Courel que, ao seu paso por Paderne, ten un treito de varias decenas de metros “no aire” xa que a terra sobre a que se asenta a estrada correu cara abaixo “perdendo así gran parte do apoio que sostén esta vía”.

Unha situación que comprobou in situ o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto á alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro. “A Deputación ten que actuar xa, non pode deixar pasar un día máis sen facer nada porque o perigo é real e a estrada pode caer sobre as vivendas que hai na parte inferior ou mentres circulan vehículos por ela”, denunciaron.

Nesta zona parte do talud sobre o que se asenta a estrada xa se caeu “provocando que perda gran parte do terreo no que se apoia”, unha situación que pode empeorar coa chegada do inverno e as chuvias “que poden reblandecer aínda máis o talud e facer que siga a correr a terra, minorando aínda máis o apoio da estrada”.

Trala comunicación por parte de veciños e Concello, dende a Deputación puxeron de escusa que “non era unha competencia súa, senón do Concello”, algo que “non é así”. “De todas formas, dende o Concello de Folgoso do Courel tentaron dar unha solución ao problema que segundo a Deputación era da súa competencia” pero a realidade é que “a estrada é da Deputación e ten que ser o goberno provincial o que solucione este problema que cada día vai a peor”.

LU-P-5601 / PP provincial

Antonio Ameijide insta a PSOE e BNG a tomar en serio a seguridade nas estradas provinciais, “son conscientes da situación porque así o denunciaron os veciños e o propio Concello de Folgoso do Courel, polo que non poden alegar descoñecemento. Se non corrixen esta situación é porque non queren e, oxalá que non pase ningún accidente, pero se ocorre, eles serán os responsables pola súa falta de traballo”.

“A realidade é que os veciños teñen moito medo porque xa viron como hai unhas semanas a terra correu contra as vivendas e, por sorte, non colleu a ninguén no camiño xa que se nese intre pasara alguén, as consecuencias poderían ser terribles”, denunciou.

ÚLTIMAS

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...