HomesociedadeLabores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A Deputación de Lugo informa de que a empresa Naturgy, concesionaria da explotación da Central Hidráulica dos Peares, ten previsto levar a cabo diferentes traballos de mantemento que requiren un descenso temporal do nivel do encoro dos Peares entre os meses de outubro e decembro deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar unha cota mínima prevista de 186,5 metros. Esta circunstancia condiciona a navegación dos catamaráns da Deputación de Lugo polo río Miño que parten do embarcadoiro de Belesar, no Saviñao. Polo que, atendendo aos criterios de seguridade, non será posible realizar inicialmente as viaxes previstas para os días 12, 17 e 18 de outubro.

Entre esas datas, a Deputación ofrecerá ás persoas que xa tiñan reserva e prerreserva desa ruta fluvial a posibilidade de cambiar o seu billete á ruta polo Sil, desde o embarcadoiro de Ponte do Sil, sempre que exista dispoñibilidade de prazas.

A situación das rutas polo Miño será obxecto de seguimento continuo durante as próximas semanas. En concreto, nas fins de semana do 24 e 25 de outubro e do 30 de outubro e 1 de novembro, Tragsa –que é a empresa concesionaria do servizo provincial- analizará a cota de auga para avaliar as condicións de navegación e adoptar as decisións correspondentes.

Horarios durante o mes de outubro

As rutas fluviais da Deputación de Lugo ofrecen dous percorridos pola Ribeira Sacra: a Ruta Fluvial Canón do Sil, con saída do embarcadoiro da Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, e a Ruta Fluvial Cabo do Mundo, con saída de Belesar, no Saviñao.

A tempada está prevista inicialmente ata o 8 de decembro, con diferentes frecuencias segundo a época do ano. Durante o mes de outubro, a ruta polo Sil funciona de mércores a domingo, con saídas ás 11:30 e ás 16:30 horas no catamarán Mencía, mentres que as fins de semana se incorporan tamén saídas ás 11:00 e ás 16:00 horas no Canón do Sil. A ruta polo Sil conta con dúas embarcacións, cunha capacidade conxunta de 159 prazas, mentres que o catamarán Pelegrín, que realiza a ruta polo Miño, dispón de 63 prazas.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre as rutas e realizar reservas poden consultar a web https://reservas.rutasembalses.es, enviar un correo electrónico a catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou chamar ao 982 26 01 96, en horario de 9:00 a 20:00 horas, de luns a domingo.

ÚLTIMAS

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...