HomePolíticaO BNG acusa ao PP de querer pechar o centro de saúde...

O BNG acusa ao PP de querer pechar o centro de saúde de Seoane do Courel

O deputado nacionalista reclamoulle ao xerente do SERGAS que deixe a propaganda política e solucione o problema da veciñanza do Courel, así como salientar que se o goberno galego realmente quere fixar poboación no rural do noso país, "é preciso que dote de todos os servizos necesarios ás zonas máis castigadas demograficamente, e en especial a asistencia sanitaria é fundamental".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Iago Suárez, preguntou na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego polo feche temporal do centro de saúde de Seoane do Courel. Explicou que hai uns días a poboación de Seoane do Courel, coñeceu a través de varios cartaces pendurados das portas do centro de saúde que, “durante polo menos 22 días do mes de outubro, non habería atención sanitaria neste centro de saúde”. Un feito que calificou como “grave”, pois máis do 40% da poboación de Seoane ten máis de 65 anos e moitas persoas precisan atención sanitaria practicamente diaria.

Este feito fixo que durante boa parte do mes de outubro, a poboación de Seoane tivera que desprazarse ao concello de Quiroga para ser atendida (cando mesos hora e media en coche), xa que polo menos durante 17 días do mesmo mes, o outro centro de saúde do municipio (o de Folgoso) tamén estivo fechado. “Cando sabemos que a ambulancia que dá servizo ao Concello de Folgoso do Courel non está medicalizada”.

Varias persoas usuarias destes dous centros de saúde, tanto de Seoane como de Folgoso, fixéronlle chegar ao deputado, Iago Suárez, a través de varias capturas de pantalla da aplicación do SERGAS as citas dispoñibles para este mes de outubro. Suárez explicou que “tan só hai dous días nos que se pode pedir cita”, mais se unha persoa pide cita para un deses días e se achega ao centro de saúde, non será atendida por falta de persoal médico. “Pódese pedir cita a través da aplicación e que non te atenda ningún médico. Esta é a situación, esta é a realidade e isto non acepta opinións. Isto é o que pasa”.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...