HomePolítica"Tomé prefire estar do lado de Pedro Sánchez antes que dos monfortinos”,...

“Tomé prefire estar do lado de Pedro Sánchez antes que dos monfortinos”, asegura Katy Varela sobre o voto en contra para a chegada do AVE

Os concelleiros do PP de Monforte denuncian a postura do alcalde, José Tomé, que “prefire estar ao carón de Pedro Sánchez antes que do lado dos monfortinos”. Así se pronunciaba a voceira popular, Katy Varela, tras ver como o rexedor votaba en contra de reclamar ao Goberno do Estado a chegada do AVE a Monforte e á provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP solicitaba ao pleno reclamar do Goberno Central a chegada do AVE de Lugo a Ourense ao o equipo de Goberno votou en contra, polo que Katy Varela afirma que “Tomé votou en contra do crecemento de Monforte, de revitalizar o sector ferroviario na nosa cidade e de que a provincia de Lugo siga sendo a máis illada de Galicia e a súa contorna”.

A voceira popular lamenta que Monforte “teña un alcalde máis preocupado por cumprir co PSOE que por dar aos monfortinos os servizos que merecemos” e asegura que “o voto do alcaslde foi un voto a favor de que Monforte e a provincia de Lugo sigan illados, xa que somos a única provincia de Galicia e de toda a contorna sen este servizo fundamental”.

Dende o PP de Monforte afirman que “é imposible de entender a decisión de Tomé e o seu goberno de votar en contra da chegada do AVE a Monforte xa que os seus compañeiros do PSOE no Parlamento galego votaron a favor desta petición”.

Katy Varela recorda que cando gobernaba o Partido Popular en Madrid, con Mariano Rajoy coma presidente, “había un proxecto, prazos e partidas orzamentarias concretas para que a chegada do AVE á provincia fose unha realidade, pero coa chegada do PSOE á Moncloa todo iso desapareceu e as variantes necesarias para que os trens poidan circular a alta velocidade pola provincia (Os Peares-Canabal e Rubián) tamén desapareceron”.

“Queda claro que José Tomé está a favor da discriminación que padece a provincia de Lugo por parte do Goberno central, que non só se ve reflectida no eido ferroviario, xa que outras infraestruturas fundamentais para a cidade, como a autovía de Monforte a Ponferrada (A-76) tamén están paralizadas e nada se sabe”, conclúe Varela.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...