HomePolíticaO BNG de Pantón alerta da situación económica do concello e pide...

O BNG de Pantón alerta da situación económica do concello e pide convocar a Comisión Especial de Contas

O alcalde explica que os seis plenos que debe facer o concello ao ano, fanse, "se ben nos últimos meses a actividade administrativa do secretario tiña outras prioridades; pero non hai problemas de contabilidade cando se ten cartos. No concello hai remanente suficiente, non temos créditos, nin pólizas de crédito. O Concello de Pantón goza de boa saúde".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón asegura que despois de seis meses sen plenos, o pasado luns, 11 de novembro, celebrouse en Pantón un pleno urxente e extraordinario “para habilitar crédito por seguir sen orzamentos. O que está acontecendo en Pantón non ten boa pinta porque sabemos que non hai fondos, e hai indicios suficientes para crermos que está contratando sen crédito, o que significa que esas contratacións poden ser nulas” di Rosa Ana Prieto Florines, portavoz do BNG na Corporación Municipal.

O BNG considera que o Grupo de goberno do PP ten que explicarlle á cidadanía “onde e como dilapidou tantos cartos. É vella a estratexia do Grupo de Goberno de culpar a outros de que non se fan as cousas: leva dous anos coas augas dos Castillós, caducáronlle os permisos por falta de traballo e dilixencia, perdeu máis de 200.000€ en subvencións e vai perder os fondos Next Generation” aseguran.

A convocatoria da Comisión Especial de Contas pódena realizar un mínimo de 25% dos seus membros. Así deberá ter lugar nas vindeiras semanas, cando o determine o presidente da Corporación, “e se non ten a ben convocar nos vindeiros 15 días hábiles quedará automaticamente convocada para o día 26 de decembro”, conclúen os nacionalistas.

Pola súa banda o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, asegura que o pleno que se celebrou este mes era “para non perder o plan marco levando varias obras a aprobación, o mesmo que algunhas facturas que non estaban no presuposto e que había que recoñecelas”.

José Luis Álvarez asegura que a comisión de contas celebrarase próximamente para poder optar ás subvencións do vindeiro ano, “A comisión de contas témola que celebrar aínda que non a pedira o BNG. Como alcalde do Concello de Pantón teño a misión de facer obras, e a oposición quere parar todo como demostra que votaran en contra de facer a residencia e de facer estradas, como votou o BNG no último pleno”.

“Con estas actitudes, a voceira nacionalista desmostra estar máis pendente de situarse para que no próximo congreso do BNG conten con ela, que do concello de Pantón”, conclúe o alcalde.

José Luis Álvarez, acalde Pantón

ÚLTIMAS

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...

Coordinación entre concellos para mellorar a recollida de residuos

Tras varias xornadas de traballo, nos diferentes concellos adoptaranse medidas conxuntas para dar resposta...