HomePolíticaA Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, reuniuse esta semana con alcaldesas e alcaldes da comarca de Sarria para abordar a situación do matadoiro de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de Samos, Chus López, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, o alcalde do Incio, Héctor Corujo e o alcalde do Páramo, José Luis López, Efrén Castro ofreceu a colaboración económica da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, para o funcionamento do matadoiro como servizo público.

Efrén Castro explicou que “o matadoiro de Sarria presta un servizo que vai máis aló do propio concello polo que entendemos a necesidade dunha colaboración institucional, que asumiriamos desde a área de Rural tendo en conta a importancia deste servizo para as ganderías, carnizarías e veciñanza de toda a comarca”.

O vicepresidente da Deputación concretou un ofrecemento inicial de 50.000 euros anuais, que podería variar en función da actualizacion das taxas de uso do matadoiro

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...