HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno traballar no PXOM e dotalo de orzamento

Esperta Monforte leva a pleno traballar no PXOM e dotalo de orzamento

Esperta Monforte entende como necesario contar con PXOM e pide na súa moción que "sen medo ás urnas de inclúa nos próximos orzamentos, co obxectivo de traballar na súa elaboración".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte asegura que xa ten presentado varias iniciativas para executar o plan de ordenación municipal de Monforte e que todos os partidos o levaban no seu programa, sen embargo, “depois de dúas maiorías alsolutas do goberno socialista segue sen facerse nada”.

Lamentan desde Esperta Monforte que mentres non se execute o PXOM de Monforte, se teñan que utilizar plans parciais “con costes para as arcas municipais” e lamentan o ánimo do equipo de goberno de “concentrar todo o chan urbalizable no centro urbano e enchelo de coches”.

Consideran desde Esperta Monforte que o acontecido en Valencia debería ser un punto de inflexión na edificabilidade, “e que axude a este goberno a reconsiderar a postura con respecto á ordenación do territorio muncipal, coherente urbanísticamente e segura nas zonas de edificabilidade e mobilidade”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...