HomePolíticaO BNG esixe a ADIF habilitar un paso peonil na estación de...

O BNG esixe a ADIF habilitar un paso peonil na estación de Santo Estevo de Sil en Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para que ADIF rectifique a decisión de suprimir o paso peonil na estación de Santo Estevo de Sil, no Concello de Pantón, por constituír a única vía de evacuación, no caso da activación do protocolo do encoro, para veciñas e veciños, así como a única forma de pasar dun lado a outro da vía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización nacionalista esixe diálogo coa veciñanza para acordar a solución máis adecuada, recuperando o acceso a través dun paso peonil, soterrado ou elevado de non ser posíbel o paso a nivel, e desbotando a construción do fechamento metálico sobre o muro de formigón.

As actuacións de mellora da liña ferroviaria Lugo-Monforte de Lemos-Ourense trouxo consigo a eliminación do paso existente a carón do apeadeiro de Santo Estevo de Sil, no municipio de Pantón.

Esta vía supón a única alternativa viábel para a veciñanza que, de non rectificar esta decisión de eliminar o paso peonil, suporá o illamento de veciñas e veciñas, así como maior dificultade para a veciñanza que posúe fincas e terreos ao outro lado da vía férrea. Así mesmo, é a única vía contemplada no protocolo de evacuación aprobado no caso de colapsar o encoro de Santo Estevo.

A esta supresión, denuncia Néstor Rego, engádense os plans de Adif de levantar o fechamento metálico sobre un muro de formigón entre as casas e a vía, “isto illará aínda máis os habitantes do lugar” evidencia o deputado do BNG.

É preciso lembrar, recorda o deputado do BNG, que a veciñanza da zona xa tivo que litigar hai uns anos para que se construíse o actual paso peonil, porén o acceso desapareceu agora coas obras. A veciñanza quéixase de que desde o inicio das obras comezaron os problemas, eliminando por unha banda o paso e, por outra, construíndo a base de formigón para levantar a tela metálica diante das casas

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...