HomePolíticaO PP pide ao Goberno de Sánchez que aclare se vai facilitar...

O PP pide ao Goberno de Sánchez que aclare se vai facilitar un acceso peonil en Santo Estevo do Sil

Os deputados do PP lucense esixen dende o Congreso ao Goberno de Sánchez que aclare se ADIF vai facilitar un acceso peonil aos veciños de San Estevo do Sil, en Pantón, que viron como se suprimiu coas obras de modernización da liña 810 (Ourense - Monforte de Lemos) o paso habilitado para cruzar as vías que estaba autorizado e sinalizado na estación sen ningunha outra alternativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado monfortino, Francisco Conde, explica que, “coa supresión do paso a nivel e o peche metálico que está previsto instalar sobre un pequeno muro xa levantado nas inmediacións da estación, quedarán illadas as vivendas, propiedades e viñedos e imposibilitarase a comunicación entre ambas marxes da vía”.

O popular engade que “a única alternativa para poder chegar a esas vivendas é dar un gran rodeo por un camiño cunha escarpada pendente, na ladeira da montaña, e despois usar unhas escaleiras, o que se converte en inviable para persoas maiores e con mobilidade reducida”.

Por este motivo, os populares piden explicacións por este “trato discriminatorio”, toda vez que as obras nesta liña ferroviaria incluíron actuacións en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas en estacións e apeadoiros. Conde comparte o sentir dos veciños e veciñas que “se senten marxinados e enganados” e lamenta que “tanto as súas queixas coma as do alcaldes sexan desoídas por ADIF de forma flagrante e inxusta”.

Conde sinala tamén que, ademais, son os propios veciños e veciñas os que advirten que o peche que está previsto instalar bloquea a única saída de evacuación dos residentes, habitantes, visitantes e usuarios do ferrocarril en caso de incendio ou inundación. De feito, este núcleo localízase en zona inundable por atoparse próximo -a uns 2 km- e nunha cota máis baixa que a presa de Santo Estevo do Sil. E a estrada da Deputación de Lugo LU-P-4103 (Santo Estevo do Sil – Ferreira de Pantón), que na actualidade presenta moi mal estado, atópase no seu primeiro tramo a unha cota máis baixa que a propia aldea.

Paso hablitado antes das obras / PP provincial

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...