HomePolíticaCourel Vivo propón potenciar o uso do castiñeiro nas obras públicas de...

Courel Vivo propón potenciar o uso do castiñeiro nas obras públicas de Folgoso do Courel

O grupo municipal de C@urel Vivo (CV) presentou unha moción no Pleno do Concello de Folgoso do Courel para fomentar o uso da madeira de castiñeiro nas obras públicas, tanto a nivel municipal como en proxectos promovidos pola Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta destaca as vantaxes do castiñeiro, como a súa alta durabilidade, resistencia natural a fungos e insectos, estabilidade estrutural e beleza estética. Ademais, subliña o impacto positivo que tería na economía local, favorecendo a xestión sostible dos soutos e xerando oportunidades económicas para os propietarios.

“Aínda que o custo inicial desta madeira é superior ao de outras, como o piñeiro, a súa longa vida útil reduce os custos de mantemento a longo prazo, resultando nun investimento máis eficiente”, aseguran desde Courel Vivo e propoñen realizar proxectos piloto para exemplificar os beneficios deste material.

Con esta iniciativa, o grupo busca preservar o patrimonio natural e cultural do Courel, impulsando unha economía sostible que aproveite os recursos locais.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...